Nesta
sección trataremos os temas de máis actualidade
que vaian acontecendo na Rúa ao longo do tempo. Para
dar a túa opinión non tes máis que enviarnos
un correo electrónico e poñerémonos en
contacto contigo.
Estes son hoxe os nosos temas de maior interese:
O
concello perde o xuizo das escolas deportivas A
Rúa (12-12-01)
-
O xulgado do social de Ourense ven de fallar unha resolución
a favor de Berto Fernández Docampo como antigo monitor
das escolas deportivas ao que o xuiz considerou vinculado laboralmente
ao concello. Tras esta sentencia o equipo de Goberno municipal
tense que plantexar tres opcións: recurrir a sentencia,
readmitir ao traballador ou pagarlle a indemnización
de máis de 700.000
pesetas (4.207,08 euros) establecida polo xuiz.
Esta mesma tarde ás 20:00 horas está prevista
unha reunión da comisión informativa de Cultura
e Deportes na que se decidirá de forma urxente a medida
a tomar, aínda que todo parece indicar que a corporación
se decantará pola indemnización ao ex monitor.
Dimisión do concelleiro de deportes Pola súa banda o grupo do Partido Popular, en boca
do seu portavoz Antonio Bello, pedíu a dimisión
do edil nacionalista de Deportes, Fernando Rodríguez,
por considerar que neste tema non defendeu os intereses veciñais.
Bello dixo textualmente, en referencia ao BNG, que é
"un partido que se caracteriza por la defensa de los trabajadores
y en contra de las privatizaciones" e que, en contra do
que é habitual, non estivo á altura neste tema. Desaparición
das subvencións a deportes O alcalde da Rúa, José Vicente Solarat López,
asegurou pola súa banda que "a decisión do
xulgado se carga a política de subvencións aos
clubes e entidades da Rúa", discrepando ao tempo
da sentencia que foi contraria ao concello. Reiterou tamén
que, persoalmente, se decanta pola opción de pagar a
indemnización a Berto Fernández e que agardaba
á reunión de hoxe para tomar unha decisión
definitiva tras falar co resto do grupo de goberno.
Cambios
nos sistemas de contratación A
Rúa (12-12-01)
-
Os representantes municipais tiveron onte unha reunión
con representantes da Confederación Intersindical Galega
(CIG) para regularizar diferentes aspectos do convenio de persoal
laboral, principalmente en materia de contratacións.
As medidas evitarán, segundo o alcalde Vicente Solarat,
situacións como as vividas cos ex monitores das escolas
deportivas, dous dos cales presentaron unha denuncia
ante o xulgado do social de Ourense. O edil rues agarda poder
rubricar en breve a revisión do convenio coa pretensión
de que poida aplicarse desde principios de 2002.
Entre os retoques que se levarán adiante está
a clarificación de contratos a tempo parcial para tareas
específicas así como o tema de despidos. A regularización
afectará aos días de asuntos propios, "para
collelos con rigor e que se poidan denegar por necesidades de
servizo, non máis de dous días ao mes", explicó
Solarat López.
Declárase
un incendio en Roblido A
Rúa (12-12-01)
-
Os veciños de Roblido levaron un susto na madrugada do
domingo ao luns cando un incendio reduciu a cinzas unha palleira
e dúas vivendas da poboación. A alarma que evitou
danos persoais deuna un veciño que, sobre ás 7:00
de mañá notou o fume que saía dunha palleira.
Aínda que polo momento se descoñecen as causas
do sinistro, todo parece indicar que o lume comezou nunha palleira
na que se estaban a secar bullotes, onde o lume tería
prendido sen querer na madeira. O incendio provocou que moitos
dos veciños, a maioría de avanzada idade, tiveran
que saír das súas casas co posto.
Os bombeiros comarcais acompañados da Guarda Civil foron
os encargados de levar a cabo as labouras de extinción,
que se prolongaron até as 12:00 do mediodía e
que os propios bombeiros retomaron pola tarde para evitar que
o lume se avivara por calqueira motivo.
Música
e deporte no último pleno do ano A
Rúa (04-12-01)
-
O pleno celebrado onte no concello tróuxonos outra vez
os que xa se están a converter en temas habituais dos
últimos tempos. Dunha banda, as escolas deportivas municipais.
O Partido Popular presentou unha moción sobre o seu funcionamento
que non se chegou a votar; reiteraron que non consideraban claro
o proceso de contratación e pediu detalles sobre a cuantía
de disgregación das escolas (xa que este ano distintos
especialistas se fixeron cargo por separado das distintas
especialidades). O edil de deportes, o nacionalista Fernando
Rodríguez recordou que se ofrecera a continuidade aos
anteriores xestores se se atiñan aos criterios do concurso,
e que somentes dous deles declinaron continuar.
Por outra banda, a situación da escola de música
municipal deu lugar a outro intenso debate entre goberno e oposición.
O PP presentou pola vía de urxencia unha proposta para
que esta continuara funcionando, considerando que se trata dun
servizo público. Pola súa banda, o alcalde independente,
José Vicente Solarat, insistiu en que se lle outorgará
unha subvención de 500.000 pesetas e se lle cederán
as instalacións a unha profesora para que organice as
clases. Ademáis, recordou que o anterior grupo de goberno
do PP disolvera o conservatorio tras 16 anos de funcionamento.
Xuizo
ao concello A
Rúa (28-11-01)
- A
denuncia presentada contra o concello polo que foi monitor dunha
das escolas deportivas durante varios anos tivo onte a súa
primeira sesión nos xuzgados de Ourense. Até a
cidade das Burgas acudiron o propio denunciante, Berto Fernández
Docampo, o alcalde José Vicente Solarat, e o concelleiro
de deportes, Fernando Rodríguez, concellal do BNG.
Berto Fernández presentou varias denuncias polo que considera
unha vulneración dos seus dereitos como traballador.
O concello, pola súa banda, recorda que este ano se sacou
un concurso para a presentación de proxectos e que houbo
outros mellores que o presentado pola irmá do demandante.
Ademáis lembran tamén que en realidade Berto nunca
traballou como traballador con nómica do concello, senón
como un colaborador autónomo, polo que nunca recibiu
unha nómina da da corporación municipal.
As escolas deportivas da Rúa teñen unha duración
habitual de outubro a maio. Os problemas xurdidos nesta edición
fixeron que o comezo se retrasara case dous meses. O concello
recibiu tres propostas para este ano das que escolleu a do único
titulado en INEF que se presentou ao concurso, Eduardo R.
Conflictos
no Partido Popular A
Rúa (22-11-01)
-
A reformulación da executiva local non é o único
problema que teñen que afrontar os representantes do
PP na Rúa neste momento. O alcalde de Vilamartín
e membro destacado do Partido Popular na provincia, Manuel Candal,
vense de mostrar realmente molesto polas acusacións que
desde o seu propio partido na Rúa recibiu de xenófobo
e racista.
A historia é que a Candal, que tamén e presidente
da Fundación Valdegodos e deputado na Diputación
provincial, non tivo mellor idea para descalifiar ao portavoz
do PSOE en Vilamartín que chamarlle despectivamente "chileno"
en referencia á súa orixe.
O caso é que o presidnete en funcións do PP local
da Rúa, Manuel Rey Rionegro, mostrou o seu desacordo
con Candal e agora meteron ao partido nunha nova disputa interna
que se ven a sumar ao xa eterno conflicto pola residencia de
Os Pinos.
Obras no ambulatorio Unha
nova sinrazón dentro da nosa corporación municipal
levou aos representantes do Partido Popular a manifestarse en
contra das obras de reabilitación do centro médico
(cun custe aproximado de dous millóns de pesetas). E
é que os concellais do PP opinan que é un desperdicio
gastar todos eses cartos nun ambulatorio que pronto será
sustituído por outro. Incluso o propio Manuel Rey Rionegro
mostrouse especialmente sensible co tema, asegurando
que lle parece unha "aberración" gastar en
instalacións para un cuarto médico e para ampliar
o área de pediatría cando "o centro non conta
aínda cunha cousa tan prioritaria como un ascensor para
a xente da terceira idade". Parécenos curiosa agora
esta postura do Partido Popular cando até fai 3 meses
eles memos gobernaban no concello e nuna nos falaron do "tan
necesario" elevador que agora reclaman con tanto entusiasmo
Renovación
no Partido Popular A Rúa(22-11-01)-
Tas dos últimos sucesos acontecidos no seo da formación
local e o falecemento do anterior líder local do partido
e alcalde da vila, José Míguez Freire, o Partido
Popular inicia agora unha etapa de renovación. O edil
Manuel Rey Rionegro foi designado polo seu partido para presidir
unha xunta provisional que será a encargada de organizar
o proceso de renovación da executiva local do PP. A data
límite será o 31 de xaneiro. Até o de agora
unha xunta xestora presidida por Emiliano Quiroga foi a encargada
de dirixir o partido. Tras catro anos de traballo a xestora
foi sustituida agora por esta xunta provisional, integrada polos
seis concellais en activo no concello.
Nin Emiliano Quiroga nin Magadán estarán presentes
na nova xestora, segundo anunciou o presidente provincial do
Partido Popular, José Luis Baltar, na súa recente
visita á vila.
Novo
disco de Abertal A
Rúa (11-11-01)
-
A agrupación de música e baile tradicionais Abertal,
fundada e dirixida por Manuel Anxo Durán Blanco, ven
de sacar á venda o seu primeiro disco. 12 temas nos que
se inclúen foliadas, muiñeiras, plas ou pasodobles
e na que participan, ademáis dos alumnos da agrupación,
o fundador Manoel Durán e os demáis profesores
de Abertal: Pepón Nieto e Xaquín Xesteira.
Todos os interesados en adquirir o CD poden facelo poñéndose
en contacto co propio Manoel Durán oun con esta mesma
páxina web, a través do noso
(Pulsa
na imaxe para escoitar as cancións deste disco)
RESOLUCIÓN
XUÍZO ESCOLAS DEPORTIVAS (13.12.01)
- O concello da Rúa ven de confirmar a súa
decisión de non readmitir ao ex monitor das escolas
deportivas Berto Fernández, polo que lle abonará
a indemnización establecida polo xulgado de Ourense
dunhas 730.000 pesetas por despido improcedente.
APERTURA
DAS NOVAS INSTALCIÓNS DO AMBULATORIO (13.12.01)
- As novas instalacións habilitadas no centro de
saúde e que servirán para a ocupación
dun novo médico serán abertas definitivamente
en xaneiro, tal e como veñen de anunciar os responsables
municipais. As obras tiveron un custe de dous millóns
de pesetas e o PP mostrárase en contra delas pola
próxima construcción dun novo ambulatorio.